Iniciosociedade“O pantalán xunto co local fan unha boa unión, dános moita vida”,...

“O pantalán xunto co local fan unha boa unión, dános moita vida”, asegura o responsable do restaurante da Maiorga

O embarcadoiro da Maiorga no Concello de Pantón ten en funcionamento o servizo de restaurante-bar desde finais do mes de xullo. Segue xestionándoo Nemesio Cora Fraga que xa o viña rexentando desde o 2017.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de ter pechado as portas en outubro do pasado ano e ter deixado atrás a situación de pandemia, como está sendo este verán?

Moi bo, aquí a xente xa nos coñece, xa tes unha clientela a maiores do turismo, a xente da zona tamén vén. Non é como abrir de novo, a xente xa nos coñecía e foi abrir e funcionar moi ben. A terraza do bar no mes de agosto estivo chea todas as fins de semana.

Cales son as prevións de apertura para os vindeiros meses?

Todos os días ata mediados de setembro, despois fins de semana e festivos ata o 1 de novembro e en inverno facemos por encarga. Se nos chaman facemos, aquí ao estar tan apartados no inverno non podes abrir unha fin de semana e traer comida para 20 e que despois non haxa ninguén, entón facemos por encargo durante o inverno.

Restaurante da Maiorga / NCF

A xente achégase a xantar ou prefire cear? Que especialidades tedes?

Vén máis xente para xantar, as ceas funcionaron case todos os días en agosto, pero o noso forte é o mediodía. Temos churrasco de tenreira, porco, polo á brasa. A nosa especialidade é o peixe á brasa e o marisco.

O cliente da Maiorga chega en coche ou por río?

De todo. Maiorga ten o embarcadoiro e por exemplo o outro día veu o catamarán de Sacra Activa e pararon aquí e comeron aquí. Ten as dúas opcións e as dúas son boas. O pantalán xunto co local fan unha boa unión, o pantalán é interesante que exista. A nós danos moita vida.

Restaurante da Maiorga / NCF

A concesión do servizo é ata o 2025, para o futuro pénsase en facer concertos ou outro tipo de actividades?

Durante o inverno traballaremos a idea de facer concertos cara o verán, os venres ou sábados pola noite ter música en directo. Teño ganas de facelo, para o ano vou o estudar o tema ben para organizar este tipo de actos. Estudei guitarra no conservatorio de Viveiro e teño amigos do meu ámbito e moitos amigos xa me dixeron de vir tocar este ano e díxenlles que esperaran para preparalo todo para o ano que vén.

Nemesio na Maiorga

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte apoia con 5.000 euros a participación de Eduardo Iglesias no Dakar

O piloto Eduardo Iglesias volverá competir no Rally máis duro do mundo e farao...

Que pasa no centro de saúde de Chantada?

O Concello de Chantada acordaba, no pleno celebrado en setembro, que o alcalde, Manuel...

Dous días máis de permiso para os traballadores do concello de Monforte pola coincidencia en domingo dos festivos de Nadal

As traballadoras e traballadores públicos do concello de Monforte poderán gozar de dous días...

A A.V. do Saviñao segue buscando solucións ás antenas de telefonía móbil

A asociación veciñal do Saviñao decide facer esta solicitude á Xefatura Provincial de Telecomunicacións...