HomesociedadeMonforte acolle en outubro o programa formativo Dana

Monforte acolle en outubro o programa formativo Dana

O programa formativo Dana, para o empoderamento de mulleres para o emprego, diríxese a mulleres con algún coñecemento de informática que buscan emprego.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte, a través do Centro de Información á Muller (CIM), imparte este programa que se desenvolverá no centro cívico e social entre o 9 e o 24 de outubro, en horario de 10.00 a 13.00.

As asistentes aprenderán a desenvolver habilidades persoais e sociais así como competencias para mellorar a súa empregabilidade. O programa permitirá ás participantes concretar mellor o seu obxectivo laboral e desenvolver a súas habilidades e competencias para o emprego, utilizando as técnicas máis adecuadas e os recursos que ofrece internet.

Esta actividade forma parte do conxunto de actos programados para conmemorar o Día da Muller Rural, que se celebra o vindeiro 15 de outubro.

A inscrición pode facerse no CIM, ubicado no Centro Cívico. Teléfono 982 41 63 50, email: cim@concellodemonforte.com

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...