HomesociedadeAumenta o paro en agosto no sur de Lugo

Aumenta o paro en agosto no sur de Lugo

Desde CC. OO. amosan a súa preocupación polo aumento dun 48% no concello de Quiroga do total dos 12 concellos das comarcas do sur lucense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo CCOO Lugo o paro no mes de agosto nas comarcas no sur da provincia (Lemos, Chantada, Quiroga) aumentou en 26 persoas, cun total de parados de 2143 ao final da etapa estival. Os datos por concellos na zona sur son:

  • Bóveda 50 (+5)
  • Monforte de Lemos 960 (-1)
  • Pantón 84 (-2)
  • A Pobra do Brollón 63 (+3)
  • O Saviñao 126 (-1)
  • Sober 75 (+1)
  • Carballedo 77 (+5 )
  • Chantada 368 (+2)
  • Taboada 86 (-4)
  • Folgoso do Courel 43 (+3)
  • Quiroga 168 (+12)
  • Ribas de Sil 43 (+3)

Pola contra, a Comarca Sarria baixou en sete o número de persoas anotadas no servizo de colocación público. Agora queda con 880 persoas desempregadas.

  • O Incio 49 (+2)
  • Láncara 86 (=)
  • Paradela 18 (+2)
  • O Páramo 34 (-4)
  • Samos 31 (+1)
  • Sarria 645 (-6)
  • Triacastela 17 (-2)

CCOO ve que a comarca sarriá é un mes máis a máis dinámica de Lugo centro sur, cos mellores datos do conxunto das catro comarcas (Lemos -Quiroga- Chantada -Sarria). Desde a Secretaria de Acción Sindical valoran estes datos polo dinamismo do sector primario, así como os servizos turísticos, a pesar de superar os 3023 parados no conxunto de Lugo -centro- sur. O sindicato espera que setembro sexa un mellor mes para o emprego como consecuencia da campaña da Vendima na Ribeira Sacra.

Desde a Secretaria de Acción Sindical vaticinan “un outono quente, xa que a esta desaceleración da creación de emprego súmanse unha inflación do 10, 4%, así como un bloqueo da negociación colectiva sendo a parte positiva a contratación indefinida ao pasar de ter un 10% dos devanditos contratos ata chegar o 40% de indefinidos.”

O sindicato denuncia ante o Xulgado do Social e a Inspección de Traballo as “abusivas prácticas” de varios empresarios do sector servizos que catalogan de “ovellas negras” por despedir no período de proba a traballadores sen pagarlles os salarios dos días traballados. Desde CCOO instan á Inspección Provincial que “chame á orde a estas ovellas negras e erradique estas malas artes desta minoría que mancha o bo nome da clase empresarial das comarcas do Sur lucense.”

ÚLTIMAS

Concentracións no Centro de Saúde de Monforte polas agresións verbais ao persoal

Co lema “Coida a quen te coida. Stop agresións”, demandan rematar coa violencia verbal...

Xornadas de Tecnoloxía no IES Daviña Rey de Monforte

O IES Daviña Rey acolle unha nova edición das Xornadas de Tecnoloxía, evento que...

7 establecementos participan no Concurso de Tapas de Taboada que se celebra os días 13 e 14 de marzo

O concurso terá lugar os días 13 (venres) e 14 (sábado) de marzo con...

Paulino Fierro Cadórniga: “O regreso desde a India non foi sinxelo, de súpeto había unha guerra entre eu e o meu fogar”

O que nos levan demostrado as guerras é que son imprevisibles, están fóra de...