HomesociedadeEducación quítalle a Gescor a concesión dos comedores dos institutos de Monforte

Educación quítalle a Gescor a concesión dos comedores dos institutos de Monforte

CCOO Lugo tiña denunciado á empresa salmatina, Gescor, por irregularidades na xestión. O sindicato amósase satisfeito coa medida tomada pola Consellería de Educación e espera que a nova empresa, Arias catering, ofreza mellor servizo e teña mellor xestión.

Publicado o

- Advertisement -

CCOO Lugo alertara, nas últimas semanas, sobre as irregularidades cometidas por Gescor. Segundo o sindicato producíanse retrasos continuados nas nóminas de todos os traballadores e había irregularidades na confección das mesmas, chegando a descontarlles aos traballadores o 50% do seu salario. Traballadores aos que o sindicato agradece o seu traballo e implicación, porque, segundo din, de non ser por eles, na última quincena de setembro os alumnos non poderían comer. A este respecto foi importante a colaboración entre a dirección dos centros de ensino e os traballadores.

O sindicato louba as medidas tomadas pola Xunta investigando os feitos e rescindindo o contrato coa empresa. Agora esperan, desde CCOO Lugo, que a nova concesionaria, Arias catering, desenvolva o seu cometido como corresponde, ofrecendo un bo servizo aos alumnos e xestionando os pagos aos traballadores en tempo e forma.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...