IniciosociedadeInfórmase en Carballedo sobre a Lei de recuperación da terra agraria na...

Infórmase en Carballedo sobre a Lei de recuperación da terra agraria na comarca de Chantada

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, puxo este mércores en valor as oportunidades que ofrece a Lei de recuperación da terra agraria na comarca de Chantada de cara á incorporación das mulleres no sector primario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na xornada informativa organizada en Carballedo, Inés Santé lembrou que a norma inclúe figuras como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta para poñer en valor terras en estado de abandono ou infrautilización como as existentes neste concello lucense, a través de actividade agraria que xere riqueza e emprego, fixe poboación e sirva -ao tempo- para anticiparse aos incendios forestais.

No caso das aldeas modelo, a directora xeral lembrou que xa hai 21 figuras deste tipo declaradas en toda Galicia co gallo de dinamizar outros tantos núcleos de poboación. Na provincia de Lugo, son cinco as aprobadas: a de Trascastro no Incio, a de Parada dos Montes na Pobra do Brollón, a de Moreda en Folgoso do Courel, a de Bustelo de Fisteus en Quiroga e a de Francos de Proendos en Sober, implicando entre todas elas preto de 100 hectáreas na contorna dos referidos núcleos. A esta superficie xa mobilizada cabe engadir outras preto de 50 ha da aldea modelo de Vilela, en Navia de Suarna, en fase de recollida de sinaturas.

No que se refire aos polígonos agroforestais, dos 21 que se atopan en distintas fases de execución co obxecto de recuperar -neste caso- grandes áreas de terreo, dous están emprazados na provincia lucense. Trátase dos polígonos de Ver, en Bóveda, e de Barcia, en Navia de Suarna, que mobilizarán en conxunto máis de 100 hectáreas.

Canto ás agrupacións forestais de xestión conxunta, está dispoñible a tramitación electrónica para o recoñecemento desta figura e das persoas silvicultoras activas, coa previsión de acadar as 100 agrupacións para o ano 2025. Inés Santé apuntou que este procedemento voluntario de rexistro busca promover a recuperación da terra, ampliando a base territorial e aumentando a rendibilidade do sector forestal, ao tempo que se avanza na prevención dos lumes.

En definitiva, segundo a directora xeral, con este conxunto de instrumentos perséguese consolidar o sector primario galego garantindo a remuda xeracional da man das novas xeracións de homes e mulleres. No caso delas, ás que estaba dedicada a xornada, chamounas a implicarse no futuro do noso agro, lembrando que desde a Xunta non só se lles ofrecen ferramentas como as da Lei de recuperación, senón tamén o asesoramento e o apoio necesarios para implementalas

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...