HomesociedadeArrinca un novo obradoiro dual de emprego na Pobra do Brollón, Bóveda...

Arrinca un novo obradoiro dual de emprego na Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio

Esta semana comezou a nova edición do Obradoiro dual de Emprego ‘A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio’. O acto de presentación celebrouse este luns na Casa da Cultura da Pobra do Brollón, o concello promotor da presente edición do obradoiro, tras asinar convenio con Bóveda e O Incio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obradoiro de emprego realízase grazas a unha subvención de 503.987,00€ da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, co obxectivo de que persoas traballadoras desempregadas reciban cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo de utilidade pública ou interese social.

Ao longo dos vindeiros 12 meses, un total de vinte alumnos, xunto con tres monitores e a directora, recibirán formación e levarán a cabo traballos para crear e acondicionar zonas verdes de titularidade municipal, así como mantemento de rutas de sendeirismo nos tres municipios implicados.

Ao remate, os participantes recibirán un certificado de profesionalidade na especialidade de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría, complementado cun módulo formativo en operacións auxiliares en tratamentos silvícolas.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...