HomesociedadeActividades na Unión de Sarria

Actividades na Unión de Sarria

Esta entidade cultural presenta un completo programa que abrangue case todos os días da semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A entidade cultural A Unión de Sarria ofrece un amplo abano de actividades para socios e socias que se desenvolverán entre outubro de 2022 e xuño de 2023.

Os luns ás 19:30 h. está programado “Cantareir@s”, un curso no que se traballarán os cantos de taberna; os martes haberá ximnasia ás 18:00 h. e karate ás 19:30 h; os mércores será a quenda de Pilates ás 19:00 h.; os xoves ademais de ximnasia –á mesma hora que os martes– haberá Ioga e Baile en Línea, ás 19:00 e ás 20: 30 h. respectivamente; o venres Pandeireta nivel avanzado ás 18:00 h. e Baile de Sevillanas ás 19:30 h. Para o domingo queda o Cine Club.

Dende a Directiva informan que outras dúas actividades, “Baile de Salón” e “Pandeireta/Instrumentos percusión (iniciación)”, están pendentes de saber se hai interesadas/os dabondo para conformar grupo. En calquera caso, o teléfono para anotarse en calquera das opcións é o 670 202 255.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...