HomesociedadeCoidados Porta a Porta segue percorrendo o sur da provincia

Coidados Porta a Porta segue percorrendo o sur da provincia

As unidades móbiles, que levan atendido na provincia a máis de 4.500 persoas, continuarán percorrendo a Zona Sur da provincia de Lugo ata finais de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As unidades móbiles que acaban de estar en Monforte de Lemos e Ribas de Sil, tamén están prestando servizo en Bóveda -os días 22, 23 e 26 -; Quiroga -o 23, 26, 27 e 28 – e A Pobra do Brollón (29 e 30). Ademais, do 27 ao 30 irán a Sarria.

Esta iniciativa da Consellería de Política Social e Xuventude ofrece atención gratuíta de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos. O obxectivo é chegar a todos os concellos agás ás sete grandes cidades galegas para que as persoas que precisen estes coidados poidan acceder a eles sen ter que desprazarse. Desde marzo, as unidades móbiles do programa Coidados porta a porta da Xunta levan atendidos a máis de 4.200 usuarios da provincia de Lugo.

As persoas interesadas en solicitar cita previa para ser atendidas poden facelo a través dos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992; así como no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Coidados Porta a Porta Monforte / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...