Homesociedade6.000€ da Deputación para melloras no local veciñal de Taboada dos Freires

6.000€ da Deputación para melloras no local veciñal de Taboada dos Freires

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou as obras de mellora do local veciñal de Taboada dos Freires, coas que colaborou a institución provincial cunha achega de preto de 6.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras consistiron na restauración de parte dos muros de mampostería existentes, formigonado do chan, colocación de plaqueta rústica nos interiores, illamento térmico na fachada exterior, carpintería, mellora da cuberta, renovación da instalación eléctrica e fontanería de auga quente cun termo eléctrico. O investimento da Deputación axudou a sufragar uns gastos que ascenderon en total a 30.000€. A axuda foi outorgada pola Deputación a través do Programa para Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios.

José Tomé mantivo un encontro con veciños e veciñas de Taboada dos Freires no propio local acondicionado, xunto coa voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, e o voceiro socialista no Concello de Taboada, Roi Rigueira.

Na visita, o Presidente comprobou de primeira man a prestancia e utilidade que ten agora o local para os veciños, e puxo en valor que este tipo de cooperación co tecido asociativo da provincia forma parte do “máximo compromiso que temos na Deputación por acercar e mellorar os servizos dos veciños para favorecer a súa calidade de vida e, deste xeito, contribuír a que a poboación se quede no noso rural”. “Está claro que ninguén quere vivir nun lugar se non ten os servizos que necesita, e precisamente o que buscamos colaborando cos concellos e coas asociacións é dotar de máis e mellores prestacións ao noso rural, algo que é fundamental se queremos fixar poboación”.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...