HomesociedadeDixitalización de balde para mulleres en Quiroga

Dixitalización de balde para mulleres en Quiroga

A formación chega da man do programa 'Galegas Dixitais' para aprender a usar as novas tecnoloxías e facilitar a empregabilidade. Ademais, ao remate do curso as participantes levarán un computador portátil de balde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa de formación ‘Galegas Dixitais’ ofrecerá a mulleres de Quiroga a posibilidade de seguir os seguintes os cursos:

–Competencias dixitais básicas, no que se impartirán coñecementos dixitais básicos para o día a día. Impartirase entre o 13 e o 26 de outubro.

–Competencias dixitais avanzadas, no que se impartirán coñecementos dixitais para o traballo. Impartirase entre o 31 de outubro e o 15 de novembro.

–Competencias dixitais para o emprendemento, no que se impartirán coñecementos dixitais para o negocio. Impartirase entre o 18 de novembro e o 1 de decembro.

Os tres cursos impartiranse na Casa da Cultura de Quiroga, en horario de 9:00 a 14:00 h., cun total de 40 horas cada un. As mulleres interesadas en ter máis información poden solicitala a través do correo electrónico lugo@galegasdixitais.es ou por medio do whatsapp no número 698197518. Para inscribirse poden facelo a través do formulario da páxina web galegasdixitais.es e tamén na selección que terá lugar o venres 7 de outubro á 13:00 h. na Casa da Cultura.

Casa da Cultura de Quiroga. No baixo está a Oficina de Turismo. Foto: XMF

Todas as participantes no curso terán acceso a formación gratuíta e ademais recibirán un computador portátil Chromebook de agasallo. Os requisitos fundamentais son ser muller e estar desempregada ou rexistrada como demandante de mellora de emprego.

ORGANIZACIÓN E FINANCIAMENTO

A formación está organizada polo Ministerio de Traballo e a Xunta de Galicia a través de Beproject e ARA Formación, en colaboración co Concello de Quiroga e financiada a través dos fondos Next Generation da UE e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...