Homesociedade150.000€ na mellora da estrada provincial que une Chantada e Antas de...

150.000€ na mellora da estrada provincial que une Chantada e Antas de Ulla por Taboada dos Freires

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou as obras de mellora da estrada provincial LU-P-1809 que comunica Chantada e Antas de Ulla por Taboada dos Freires. O proxecto inclúe a renovación de practicamente o conxunto da vía, actuando en máis de 20 quilómetros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras consisten na reapertura de cunetas, saneamento da explanada e do firme nas zonas onde existe un blandón, tamén na reparación de fochancas e afundimentos que presente a vía e na repavimentación. Actuarase no treito comprendido entre os quilómetros 3,6 ao 23,8.

Tomé Roca comprobou os avances da empresa adxudicataria, Construcciones Leonardo Miguélez SL, que ten un prazo de execución de tres meses para estes traballos. Salientou a importancia da actuación que beneficiará de maneira directa a moitos veciños e veciñas da comarca da Ulloa e Taboada que transitan a diario por esta vía. “A mellora das comunicacións é unha prioridade para o Goberno provincial”, detallou o Presidente.

A institución provincial destina 17,3M€ dos seus Orzamentos para o 2022 ás tarefas de mellora do firme, roza de maleza, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...