HomesociedadeO IES A Pinguela na Audiencia de Ourense no programa Educar en...

O IES A Pinguela na Audiencia de Ourense no programa Educar en Xustiza

Os alumnos de 4º ESO do IES A Pinguela veñen de asistir como público a un xuízo por atentado que se celebrou na Audiencia Provincial de Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao remate do xuizo, don Antonio Piña Alonso, presidente da Audiencia,
explicoulle ó alumnado os porqués de cada fase xudicial, as persoas intervintes no xuízo, os roles que cada participante asumiu e o sentido das testemuñas oídas.

A petición do fiscal, de ano e medio de cárcere, serviu para avivar o
interese do alumnado, que debateu intensamente co xuíz sobre o escoitado
no acto e o que para eles podería ser unha sentenza xusta.

O centro foi xonvidado a participar no programa “Educar en Xustiza” que
convoca por segundo ano o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). O obxectivo deste programa é achegar a Xustiza á mocidade para que coñeza o seu funcionamento e o mundo do Dereito, con especial incidencia en aspectos que lle poidan afectar.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...