HomesociedadeA Deputación ultima a dotación da residencia de Ribas de Sil para...

A Deputación ultima a dotación da residencia de Ribas de Sil para abrila este ano

O contrato inclúe os servizos de cociña, limpeza e asistencia. Estará en vigor durante un ano dende a súa firma, con posibilidade de realizar prórrogas ano a ano ata o 2026.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a adxudicación dos contratos de prestacións básicas da residencia de Ribas de Sil por case 610.000 euros a Troncoso Casares S.L., co obxectivo de poder abrilo neste ano.

Tamén se deu luz verde á adxudicación dos dous últimos lotes que restaban do contrato para dotar de equipamento ao Centro de Maiores de Ribas de Sil.  A empresa Mariña Clima S.L. encargarase do subministro do equipamento de lavandaría e cociña, cun orzamento de preto de 136.000€, e a empresa Total Ekip S.L. subministrará o equipamento médico e axudas técnicas, por máis de 35.500€. Con estes lotes, o total do investimento para equipar a residencia de Ribas de Sil supera os 340.000€.

“Estes pasos tan importantes que damos hoxe permitirannos cumprir coas previsións e abrir, xa no mes de novembro, o Centro de Atención a Maiores de Navia de Suarna, e antes de finalizar o ano, a residencia de Ribas de Sil”, avanzou García Porto.

A voceira socialistas lembrou que a Deputación puxo en marcha dende o ano 2019 un total de 6 residencias, “co enorme esforzo en materia de xestión e económica que isto significa”, e ao finalizar este mandato funcionarán en total 9 centros: os de Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Meira, Navia de Suarna e Ribas de Sil. “Todo isto, sen ningún tipo de colaboración por parte da Administración que, por Lei, ten as competencias en servizos sociais, a Xunta de Galicia, que non apoia á Deputación nin tampouco ós concellos para a construción e o funcionamento das residencias”, subliñou Pilar García Porto.

ÚLTIMAS

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...