HomesociedadeObradoiro de Competencias Dixitais Básicas en Monforte para conmemorar o “Día da...

Obradoiro de Competencias Dixitais Básicas en Monforte para conmemorar o “Día da Muller Rural”

O Concello de Monforte, a través da Concellería de Muller e Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM) celebrará un Obradoiro de Formación en Competencias Dixitais Básicas para a busca de emprego, que servirá ademais para conmemorar o “Día da Muller Rural”, o 15 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade está dirixida a mulleres, é gratuíta, e de carácter presencial e contará cunha duración de 7 horas que se impartirán o xoves 13 e venres 14 de outubro na Sala de Informática do Centro Cívico Social (1º planta) en horario de 10:00 a 13:30 h. As mulleres interesadas poderán realizar a súa inscrición presencialmente no CIM sito no Centro Cívico Social ou ben chamando ao número de teléfono 982 416 350.

Esta actividade está organizada en colaboración con Fundación Mujeres e está enmarcado dentro do Programa “DANA” de formación para o empoderamento de mulleres para o emprego, financiado por el Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social y el Fondo Social Europeo.

O obxectivo desta actividade é reducir a brecha dixital de xénero, loitar contra o reto demográfico a través do impulso cara a formación no ámbito rural e a dixitalización como camiño para mellorar a empregabilidade feminina.

Deste xeito, entre as competencias que se impartirán neste obradoiro se incluirán como realizar trámites online coa administración pública (Certificado dixital, Chave 365, Seguridade Social), como usar o ordenador para a busca de emprego, e tamén se traballarán competencias dixitais para o emprego e o emprendemento.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Xenofobia ou fraude fiscal?

A polémica (parece que para algúns é o único obxectivo en política) xurdiu unha...

Quiroga será o primeiro municipio da provincia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto...

Imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este luns pola tarde o Pleno extraordinario...

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario...