HomesociedadeO IES Xograr Afonso Gómez de Sarria premiado no proxecto europeo STARS

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria premiado no proxecto europeo STARS

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, felicitou este martes ao profesorado e alumnado do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria polo seu premio no proxecto europeo STARS (Sustanaible Travel Accreditation and Recognition for Schools), coordinado pola Dirección Xeral de Tráfico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto STARS involucra tanto aos concellos como aos centros educativos, e ten por obxectivo fomentar pautas de mobilidade máis activas e sustentables nos estudantes, diminuíndo a utilización do coche.

O IES Xograr Afonso Gómez é o primeiro centro da provincia en adherirse a STARS que promove pautas de mobilidade máis activas entre os escolares. Con esta iniciativa, na que participaron máis activamente arredor de 160 estudantes de secundaria e bacharelato, fomentouse entre o alumnado o uso de medios alternativos ao coche para os desprazamentos ao centro escolar.

Desenvolvéronse talleres de formación de profesorado e alumnado sobre urbanismo, ciclismo, técnicas de comunicación, entre outros; leváronse a cabo charlas, exposicións, carteis, vídeos e cancións, así como estratexias de mobilidade do centro educativo.

A subdelegada entregou o diploma que certifica a valoración de prata no proxecto, obtendo unha puntuación de 31 de 33 posibles, pola súa implicación, número de actividades realizadas e resultados obtidos no cambio dos desprazamentos. Fíxoo acompañada polo alcalde de Sarria, Claudio Garrido, o xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez, e a coordinadora  provincial de Educación Vial, Laura García; así como polos concelleiros de Mobilidade, Félix Seijas, e de Educación, Eugenia Valcárcel, e o director do centro, José Manuel Valcarce.

O proxecto STARS vai dirixido fundamentalmente a alumnos/as de 6 a 18 anos, que se converten en protagonistas da iniciativa pois son os propios escolares quen deseñan campañas de fomento da mobilidade sostible, potenciando así a súa creatividade e capacidade de comunicación.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...