HomesociedadeXXXIII Festa da Castaña do Caurel, o 5 de novembro

XXXIII Festa da Castaña do Caurel, o 5 de novembro

A cita, que se celebrou por última vez no ano 2019 en Seoane por mor da pandemia, levarase a cabo en Folgoso do Courel ao longo de todo o día.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Folgoso do Courel celebra o día 5 de novembro a XXXIII Festa da Castaña do Caurel, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

O Concello dálles as grazas aos nenos e nenas de autores do cartel que anuncia a festa

O pregón correrá a cargo do cociñeiro e presentador, Xoanqui Ameixeiras

Programa

  • 12:00 horas está prevista a apertura do recinto e representación de música de raíz con Xavier Blanco da Fundación Legar.
  • 13:00 horas haberá unha degustación de pratos elaborados con castaña a cargo da Asociación Cociñeiros Lugo.
  • 13:30 horas será o pregón a cargo do cociñeiro e presentador Xoanqui Ameixeiras.
  • De seguido farase a entrega de trofeos do III Concurso de Tapas da Castaña.
  • Haberá unha actuación do grupo Gaitas e Cantores do Courel.
  • Degustación gratuíta de castañas e viño durante a mañá e ata a tarde-noite amenizada por unha charanga e o grupo O Recanto.
  • 18:30 horas Concerto Falando a Música con Rosa Sánchez e Pablo Carpintero na carpa da Praza do Concello.
  • 20:30 horas cea popular na carpa.
  • 22:00 horas actuación do Dúo Explosión.
  • 23:00 horas concerto do Grupo Gin Toni’s e remate da festa co Dúo Explosión.

ÚLTIMAS

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...

OPINIÓN: O Bóveda Slam Poetry no XV campionato de Poetry Slam España

A cidade de Cartaxena acolleu, os días 17, 18 e 19 de setembro, o...

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto,...