Homesociedade900 inscritos no Qui-Medo de Quiroga, que este mércores pecha inscricións

900 inscritos no Qui-Medo de Quiroga, que este mércores pecha inscricións

Mañá mércores, ás dúas do mediodía, péchanse as inscricións da Terceira Edición do Qui-Medo. Así o comunicaba esta mañá a organización na presentación oficial da festa, que conta coa colaboración do Concello de Quiroga, e na que xa van 900 persoas inscritas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os “valentes participantes” farán unha ruta que os levará por oito terroríficas casas dentro do casco urbano de Quiroga. Dentro destas casas cen voluntarios debidamente caracterizados coa única misión de poñerlle medo, moito medo, a todos os que se atrevan a entrar.

A organización calcula que o recorrido farase en preto de tres horas, sempre que os participantes respecten os mapas que se lles entregarán cunha ruta xa marcada e que inclúe todas as casas. A idea é evitar que todos coincidan no mesmo punto a mesma hora. As entradas a cada casa estarán restrinxidas a grupos de entre 5 e 7 persoas.

Pero non só haberá unha ruta do terror no Qui-Medo, tamén haberá festa no pavillón municipal, punto neurálxico do evento. Primeiro entre as 19:30 e as 21:30, -a hora marcada para recoller as pulseiras identificativas e o mapa do recorrido por cada encargado de grupo-, todos os nenos e nenas poderán participar nunha animada festa. Aqueles que traian unha cabaza ou unha escoba decorada recibirán unha bolsa de lambetadas.

E haberá máis festa unha vez remate o recorrido polas distintas casas. A partir das doce e media da noite, festa para todos aqueles que queiran prolongar a noite do Samaín durante tres horas máis.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...