HomesociedadeChantada e Monforte celebran dous cursos para voluntarios de protección civil

Chantada e Monforte celebran dous cursos para voluntarios de protección civil

A Xunta de Galicia ofrece dous cursos para formar a 40 integrantes de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) que se desenvolverán entre esta semana e a próxima en Chantada e Monforte e Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade de Chantada desenvolverase desde o próximo sábado 29 ata o 5 de novembro na aula CEMIT. Proporcionará ao persoal voluntario formación sobre prevención e loita contra os incendios nos ámbitos urbano e forestal; así como nocións de primeiros auxilios.

No caso de Monforte de Lemos, a base de helicópteros do Marroxo acollerá os días 3 e 4 de novembro un curso básico de manexo de motoserras. A finalidade é preparar aos membros das agrupacións para participar con seguridade en intervencións de retirada de emerxencia de árbores caídas ou pólas desprendidas.

A Agasp convoca estas accións no marco dun plan de formación continua que inclúe entre os destinatarios ao persoal voluntario de Protección Civil. A programación deste semestre na provincia de Lugo inclúe sete cursos con 152 prazas que abranguen diferentes áreas relacionadas co desenvolvemento das funcións propias destas agrupacións.

ÚLTIMAS

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...