HomesociedadeConstruirase en Láncara unha glorieta de acceso á Pobra de San Xiao...

Construirase en Láncara unha glorieta de acceso á Pobra de San Xiao desde a LU-546

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade remitiu ao concello de Láncara a autorización para a construción dunha glorieta de acceso ao núcleo da Pobra de San Xiao na confluencia entre a rúa Benigno Quiroga e a estrada autonómica LU-546.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, afirmou que se pon de manifesto “a vontade de colaboración para facilitar o labor dos concellos, especialmente no que se refire á execución de obras e dotacións públicas”.

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) recibiu a solicitude do concello o 17 de agosto e, tras valorar a documentación e visitar a zona para realizar un informe de campo, emitiu a resolución favorable a pasada semana.

A rotonda construirase no punto quilométrico 12,300, no primeiro cruce de acceso ao citado núcleo de poboación desde a LU-546 en dirección Lugo-Sarria.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...