HomesociedadeA TVG e Antena 3 interésanse polas maquillaxes de Samaín de Zeltia...

A TVG e Antena 3 interésanse polas maquillaxes de Samaín de Zeltia Mateo

A peiteadora rural e maquilladora quiroguesa participou estes días en ‘Quen anda aí?’ e ‘Espejo Público’, magacines da televisión de Galicia e Antena 3 respectivamente.

Publicado o

- Advertisement -

Zeltia Mateo, á que xa entrevistamos neste medio a principios de ano, segue dando pasos como maquilladora de FX. Aínda que no día a día gáñase a vida como peiteadora rural, a súa afección á maquillaxe está empezando a esperar interese e a proxectarse.

En marzo deste ano chamárona do programa “Quen anda aí?” da Televisión de Galicia e no transcurso do mesmo puido verse unha reportaxe que lle fixeron en Quiroga, vendo como é un dos seus servizos de perruquería a domicilio; e despois, en directo no plató, Zeltia fixo unha maquillaxe de fantasía en directo a unha veciña súa de Quiroga –Kelly– comentando ademais o seu labor profesional co equipo.

Meses despois, en xullo, era convidada polo festival Fancine de Lemos para facer unha demostración de maquillaxe corporal en directo no parque dos Condes en Monforte de Lemos. Esta actividade complementaba unha proxección de curtas realizadas a través de proxectos impulsados dende colexios de Monforte.

Maquillaxe corporal en directo no Fancine de Lemos / XdL

INTERESE POLO SEU TRABALLO EN TEMPO DE SAMAÍN

E foi estes días cando volveu ser reclamada do “Quen anda aí?”. “Acordáronse de min e chamáronme para ir en directo ao programa do xoves 26 de outubro. Fixen unha automaquillaxe de cabaza e despois fíxenlle unha maquillaxe con detalles de zombi a unha colaboradora”, conta Zeltia.

Intervención en ‘Quen anda aí?’ da Galega. Imaxes: capturas TVG

E non queda aí a cousa, porque esta quiroguesa ao chegar á casa viu unha mensaxe que lle chegaba por Instagram. Unha rapaza dicíalle que lle gustaba o traballo que facía e propúxolle facer unha conexión por videchamada para entrar no programa do venres de Antena 3 “Espejo Público”. Dito e feito, esta mañá saía Zeltia no magacine desta canle onde se deu a coñecer moi brevemente para a continuación quedar emprazada para o luns 31, día propio de Halloween, e falar con máis detalle das maquillaxes que fai.

Zeltia na conexión dende Antena 3 deste venres 28 de outubro. Foto cedida.

PRIMEIRA EXPERIENCIA NO CINEMA

A todo isto, en setembro deste 2022 tivo a oportunidade de participar como maquilladora de cinema en Bertamiráns, na curtametraxe “Amor viaxeiro”.

Chamouna Sara Casanova, unha das rapazas que forma parte do equipo que está gravando esta obra audiovisual, e alá se foi para caracterizar a unhas actrices. “Foi a miña primeira maquillaxe para cine e estou aberta a outros traballos que me podan saír”, di con gran satisfacción Zeltia.

Zeltia facendo o traballo de caracterización. Foto cedida

‘Amor viaxeiro’ é un proxecto premiado por Netflix e Turespaña e ideado por sete alumnos/as de Lugo, do Centro de Formación Audiovisual da Deputación. Foi premiado con 7.000 euros e neste mes de outubro estaba previsto que remataran a produción da curtametraxe, baixo a supervisión do centro de ensino audiovisual da Deputación e dos organismos convocantes do premio.

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...