Homesociedade40 cociñeiras/os galegas/os visitan este día 31 a Ribeira Sacra

40 cociñeiras/os galegas/os visitan este día 31 a Ribeira Sacra

Corenta cociñeiros e cociñeiras galegos visitarán a Ribeira Sacra este luns, 31 de outubro. Son membros das catro asociacións provinciais de Cociñeiros de Galicia. Precisamente este sábado tamén coñecían a Ribeira Sacra 40 bloggers gastronómicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A visita, organizada pola Asociación de Cociñeiros da Provincia de Lugo, está coordinada por Martín Mantilla, propietario do Restaurante Berso de Sober, coa colaboración do Concello de Sober e a Deputación Provincial de Lugo.

Ás 10.00 está prevista a chegada a Sober de todas e todos os cociñeiros/as para saír en autobús ata o embarcadoiro Ponte do Sil onde serán recibidos polo deputado provincial, Pablo Ribera. Ás 11:30 horas farán o percorrido no catamarán da Deputacion de Lugo  polo Canón do Sil. 

Ás 13:15 horas visitarán o miradoiro de Santiorxo e ás 14:00 horas degustarán produtos típicos acompañados de viño da D.O. Ribeira Sacra no Restaurante Berso. Xa pola tarde, visitarán as Adegas Rectoral de Amandi, Don Bernardino e Guímaro, onde asistirán a catas comentadas dos seus viños

ÚLTIMAS

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto,...

O IES Río Cabe de Monforte proclámase, no Palacio da Bolsa de Madrid, campión de España de Educación Financeira

O IES Río Cabe de Monforte de Lemos proclamouse este luns campión de España...

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...