HomesociedadeRibeira Sacra ao 87% na Ponte de Todos os Santos

Ribeira Sacra ao 87% na Ponte de Todos os Santos

Cos datos recollidos ata o de agora, supéranse en 7 puntos as previsións que os aloxamentos tiñan para esta ponte o ano pasado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os datos provisionais cos que traballa o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra a porcentaxe de ocupación dividiríase do seguinte xeito:

  • Hoteis 3 e 4 estrelas: 90% (87% en 2021)
  • Turismo Rural: 97% (81,64% en 2021)
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 86% (83,50% en 2021)
  • Outros aloxamentos: 75% (79,4% en 2021)

“Ademais do pulo de Ribeira Sacra como destino, iniciativas como o Outono Gastronómico ou o Bono Turístico están a ser unha importante inxección para os establecementos de turismo rural nesta época do ano”, sinalan.

No mes de outubro, os aloxamentos de Ribeira Sacra rematan cun 67,5% de ocupación:

  • Hoteis 3 e 4 estrelas: 92% (80% en 2021)
  • Turismo Rural: 67% (= en 2021)
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 50% (61% en 2021)
  • Outros aloxamentos: 61% (63% en 2021)

Contra todo prognóstico, a ocupación neste mes de oubro durante os días laborais foi moi semellante á das fins de semana, cun 63% entre semana e 76% nas fins de semana.

As previsións do sector para o mes de novembro sitúanse nos niveis acadados no 2021 e 2019 (ano récord para Ribeira Sacra), cunha previsión de ocupación do 52,5%, cun 32% durante a semana e 74% nas fins de semana.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...