HomesociedadeO Incio estrea punto de recarga para vehículos eléctricos e híbridos

O Incio estrea punto de recarga para vehículos eléctricos e híbridos

O Concello do Incio vén de estrear un punto de recarga para vehículos eléctricos e híbridos de uso público e gratuíto. A instalación, que conta con dous postes de recarga para usar de maneira simultánea, atópase detrás da Casa Consistorial, nas inmediacións da área de servizo para autocaravanas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As persoas que desexen empregar este punto de recarga tan só teñen que rexistrarse nunha aplicación a través dun código QR instalado no propio poste. Un mecanismo rápido e sinxelo que permitirá ao Goberno local levar un rexistro do consumo e do número de usuarios e usuarias que o empregan.

Xunto con este novo dispositivo, o Goberno local vén de adquirir un vehículo eléctrico con distintivo ambiental ecolóxico financiado grazas ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

O novo vehículo vén de ser entregado ao Concello por Talleres Rápido de Sarria e vai ser empregado para actividades de xardinería, e outras relacionadas co medio ambiente, como a supervisión da calidade das augas, e conservación e protección de recursos naturais, patrimonio histórico, cultural, biodiversidade e medio ambiental. No acto de entrega participaron o alcalde, Héctor Corujo, o tenente de alcalde, Ramón Mourelo, e o representante de Talleres Rápido de Sarria, Alberto Varela.

Novo vehículo / Concello do Incio

Esta furgoneta permitirá dotar ao persoal de servizos múltiples dun vehículo con distintivo ambiental cero emisións e coidadoso co medio ambiente. O vehículo é unha furgoneta Peugeot e-Rifter Allure Pack Long 100KW, con posibilidade de ser utilizada para transporte e carga de mercadorías, así como para o transporte de ata sete pasaxeiros.

Ambas as adquisicións reafirman o compromiso do Concello do Incio co aforro enerxético e coa mellora dos servizos para os veciños e veciñas. O alcalde, Héctor Corujo, explica que “son medidas que, xunto con outras como a renovación da iluminación pública que estamos a levar a cabo, redundarán nunha maior eficiencia enerxética perseguindo sempre un aforro para os consumidores”.

ÚLTIMAS

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...