IniciosociedadeMarcelo Filgueiras, un ‘crack’ na elaboración de calzado a medida que pasou...

Marcelo Filgueiras, un ‘crack’ na elaboración de calzado a medida que pasou pola Pinguela

O pasado venres 4 de novembro este artesán coruñés impartiu un obradoiro maxistral no IES A Pinguela organizado polo Departamento de Téxtil para o Ciclo Medio de Calzado e Complementos de Moda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumnado do Ciclo Medio de Calzado e Complementos de Moda pode presumir de ter recibido formación da man dun veterán profesional na elaboración de calzado a medida de Galicia. Chámase Marcelo Filgueiras e comercializa os seus servizos baixo a marca de Calzados Rodríguez, fundada no 1988.

Están especializados en reparación e restauración de todo o relacionado co calzado e cos artículos de pel de xeito que “darlle unha nova vida a zapatos, bolsos, cintos, carteiras…” forma parte do seu día a día no seu taller.

Marcelo Filgueiras no obradoiro demostración ‘Elaboración de zapatilla deportiva’. Foto: IES A Pinguela

Ademais do anterior, e abrindo un mercado moi destacado grazas ás habilidades de Marcelo, tamén se dedican a confeccionar calzado artesán, personalizado e por encargo, e a impartir cursos a profesionais e a centros de formación relacionados co sector.

No que respecta á liña de calzado artesán, e tendo en conta as tendencias actuais que poñen ao calzado deportivo como un do máis demandado, Marcelo está cos tempos e trabállao moi ben. Precisamente chegou o pasado 4 de novembro ao IES A Pinguela para ofrecer un obradoiro demostración de elaboración de zapatillas deportivas transmitindo unha total paixón polo seu traballo, paixón que percibiu claramente o alumnado.

Zapatillas deportivas de Zapaterías Rodríguez. Foto: Marcelo F.

A diferenza do calzado fabricado en serie e de venda en comercios, o confeccionado a medida ten a avantaxe de que o zapato adáptase ao pé e non ao contrario. Un detalle moi importante sobre todo para persoas con irregularidades ou necesidades especiais nos pés e para os que levar un calzado estándar pode ser un problema. Neste eido, este artesán zapateiro explicáballes ao alumnado do Ciclo de Calzado e Complementos de Moda do IES A Pinguela que tiña bastante traballo e resultaba moi gratificante rematar un traballo por encargo que satisfacía ao cliente.

Marcelo Filgueiras co alumnado do Ciclo de Calzado e Complementos de Moda. Foto: IES A Pinguela

Marcelo Filgueiras, ademais de ofrecer o obradoiro demostración ao longo de toda a mañá, aproveitou a viaxe ao sur de Lugo para achegarse á Residencia de Quiroga e coller unhas medidas dun encargo que lle saíu.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....