HomesociedadeA casa da cultura de Quiroga loce nova cara

A casa da cultura de Quiroga loce nova cara

Remataron os traballos de pintado da fachada da casa da cultura de Quiroga. O rexedor local, Julio Álvarez, achegouse ata este edificio municipal para ver como quedaron os traballos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con axudas económicas da Xunta de Galicia e do Plan Único estase a realizouse o lavado, a impermeabilización e o pintado das paredes exteriores do edificio.

A Casa da Cultura de Quiroga, unha edificación do ano 1992,  conta dende o pasado ano cunha nova cuberta realizada para solucionar os problemas de humidade que estaba a ter este inmoble municipal.

Neste ano, ademais do pintado da fachada tamén se instalou fibra óptica que permite un mellor servizo de internet, o que non só facilita o traballo que se realiza dende destas instalacións, se non tamén que os usuarios do servizo de ordenadores co que conta poidan navegar máis rápido.

Tamén a biblioteca, situada na planta alta do edificio, conta con novo mobiliario que permite albergar un maior número de libros de lectura e consulta.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...