HomesociedadeXornada sobre a bioseguridade nas explotacións avícolas o día 16 en Sarria

Xornada sobre a bioseguridade nas explotacións avícolas o día 16 en Sarria

A AGACAL organiza a semana que vén na provincia de Lugo senllas xornadas sobre a bioseguridade nas explotacións avícolas. A primeira, prevista no Centro cultural de Sarria o mércores, 16 de novembro, centrarase na produción de pavos; mentres o xoves 17 haberá outra en Castro Ribeiras de Lea, sobre a produción de polos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As xornadas terán o mesmo horario, de 16,00 a 21,00 horas. O seu obxectivo é mellorar a competitividade das explotacións avícolas, completar a formación dos avicultores e preparalos para afrontar a loita contra as novas emerxencias sanitarias, así como actualizarlles conceptos sobre prevención e seguridade.

Nesa liña, o programa inclúe nocións sobre a normativa actual, sobre conceptos de bioseguridade estrutural e operacional, sobre alertas sanitarias, sobre redución de uso de antimicrobianos e sobre auditorías e certificacións internas.

Esta formación está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 294 988, ou enviarse un correo a oscar.cacharron.mojon@edu.xunta.gal.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...