HomesociedadeO BNG volve pedir que se cubra a praza de medicina familiar...

O BNG volve pedir que se cubra a praza de medicina familiar no Centro de Saúde de Pantón

Publicado o

- Advertisement -

O BNG de Pantón denuncia que, un ano despois, o PP segue sen cumprir os acordos parlamentares, e denuncia que “na actualidade aínda están con dous médicos de familia, tras as promesas incumpridas da alcaldía e do Sergas”.

Nun comunicado, os nacinalistas insisten en reclamar que se cubra, cando menos, a 3ª praza de medicina familiar do centro de saúde do concello. “É unha burla xa que esta cobertura constitúe unha urxencia para nós. Ademais chegamos a isto pola falta de sentido común da que fixo gala a alcaldía, cando desde o BNG avisamos en tempo e forma de cales eran as canles para cubrir a terceira praza”, din.

O BNG lembra que “había praza, había persoal” que quería cubrir esa praza e había concurso de traslados, pero o Sergas optou por non sacala a concurso, “o que demostra que nunca quixo cubrila de maneira  definitiva e continuada”. “Queremos ser optimistas e lembrar que aínda o poden arranxar, e avisamos de novo: se non a cobren antes das eleccións municipais despois será historia”, avisa.

A formación nacionalista agarda que este periodo pre-electoral “é crucial”, xa que “se volve gañar o PP sen cubrir a praza, que se esqueza todo o mundo do terceiro médico de familia en Pantón”. Tamén preveñen os nacionalistas das “habituais trampas dialécticas e de cobertura parcial”.

Neste sentido crítico en relación á falta de médicos, o BNG do Sur de Lugo anunciaba unha campaña de reivindicación da sanidade pública Comarcal hai unhas semanas, nomeadamente da primaria. 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...