Homesociedade5ª Asemblea da Federación de Asociacións da Ribeira Sacra, o 19 de...

5ª Asemblea da Federación de Asociacións da Ribeira Sacra, o 19 de novembro no Saviñao

Nestes primeiros pasos, a directiva da Federación tivo reunións para organizar a estrutura interna e abrir canles de participación para as máis de 60 entidades asociativas que xa están federadas. Por este motivo convocouse para o sábado, 19 de novembro, no Auditorio Municipal do Saviñao a partir das 11h, a todos os colectivos estean ou non estean federados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta asemblea, ademais da información referida á propia legalización ou o censo de asociacións federadas, centrarase sobre todo na presentación das mesas de traballo que se puxeron a andar: Patrimonio e Lingua, Territorio e rural vivo e Participación. Con elas a Federación quere iniciar as actividades coas cales contribuír ao impulso do movemento asociativo e de base da Ribeira Sacra.

Outros dous puntos de interese serán a presentación dun regulamento interno e dun voceiro da propia Federación, co título de “O Ribeirao”, “mediante o cal pretende fixar posición ante os temas de actualiadde que afectan á Ribeira Sacra así como informar de liñas de axuda, propostas en materia de territorio, difusión de lendas e cultura popular ou propostas de roteiro alternativas que darán a coñecer o rico patrimonio (in)material da zona”, sinalan.

A directiva da Federación lanza unha mensaxe de participación social. “Cantas máis persoas e asociacións se impliquen, mellor resultado haberá.”

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...