HomesociedadeA empresa Torta de Sarria súmase ao selo de calidade Artesanía Alimentaria

A empresa Torta de Sarria súmase ao selo de calidade Artesanía Alimentaria

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, fixo este mércores entrega da licenza de uso do selo de calidade Artesanía Alimentaria e da carta de artesá á empresa Torta de Sarria. Así, segundo destacou o director, elévase a 35 o número de firmas adheridas e a arredor de 60 o de artesáns involucrados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O director da AGACAL, José Luis Cabarcos, fixo este mércores entrega da licenza de uso do selo de calidade Artesanía Alimentaria e da carta de artesá á responsable da empresa Torta de Sarria. Así, segundo destacou o director, elévase a 35 o número de firmas adheridas e a arredor de 60 o de artesáns involucrados.

O director destacou que os produtos desta empresa de Sarria poderán diferenciarse agora no mercado con este distintivo que garantirá que a súa obtención se rexe pola norma técnica pertinente, que recolle unha serie de requisitos relativos ás materias primas ou aos procesos de elaboración autorizados, ao seu modo de presentación ou a como deben ser a rastrexabilidade e o control. Cabe apuntar que a empresa creouse en 2015 coa idea de ofrecer repostería caseira e saudable, con ingredientes de primeira calidade, sen aditivos e utilizando materia prima dos produtores da zona sempre que é posible.

José Luis Carbarcos lembrou que se está a tramitar a futura Lei da calidade alimentaria de Galicia, que busca consolidar as nosas producións de calidade diferenciada nos diferentes mercados. Así mesmo, no marco da Lei de recuperación da terra agraria dáselle preferencia á recuperación e posta en valor de terras acaídas para producións acollidas a distintivos de calidade, así como para producións que estean a optar a ese recoñecemento ou calquera outra marca de garantía de calidade.

Canto aos orzamentos de 2023, José Luis Cabarcos destacou que consignan 5,4 millóns de euros para fomentar a promoción dos produtos de calidade, na liña do que se fixo visible na II edición de “Galicia Etiqueta Calidade”. Así,  contémplanse partidas como os 1,5 millóns para accións como feiras, máis de 1 millón para campañas de promoción ou os máis de 500.000 euros para o impulso de ciclos curtos a través do mercado dixital oficial posto en marcha pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Torta de Sarria Artesanía Alimentaria / Consellería Medio Rural

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...