IniciosociedadeMonforte “Con paso firme contra a violencia de xénero”

Monforte “Con paso firme contra a violencia de xénero”

A Concellería de Muller e Igualdade levará esta campaña á rúa a través de mensaxes de sensibilización sobre a violencia de xénero en 12 pasos de peóns e 5 sinais de acceso á cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte presentou este luns os actos que organiza a través do Centro de Información á Muller (CIM), co gallo do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

“Un ano mais o Concello vai celebrar o 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, porque creo que é unha lacra a que todos debemos contribuír para sacar das nosas vidas. Co número de persoas, que polo simple feito de ser mulleres, están sendo asasinadas ou recibindo malos tratos, como sociedade no podemos quedarnos quietos sen facer nada. E iso é o que busca esta campaña, que manteñamos o paso firme contra esta lacra as 24 horas dos 365 días do ano”, asegurou o rexedor monfortino.

José Tomé subliña que “con esta acción novidosa, denominada Con paso firme contra a violencia de xénero, que é o lema que puxemos nos pasos de cebra e entradas da cidade, Monforte fai un chamamento á unión e implicación de todas as monfortinas e monfortinos para seguir avanzando na loita contra a violencia machista”.

O Alcalde tamén convidou a todos os axentes sociais e económicos do municipio a participar un ano máis na campaña de sensibilizaciónEn Negro contra as Violencias”. Baixo o lema “Monforte en Negro”, un ano máis vestiremos de negro Monforte porque creemos que a actual situación require dunha resposta unánime de toda a sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres”.

A campaña estenderase ata o 30 de novembro e dende hoxe permanecerán colocadas pancartas conmemorativas no edificio do Concello, no Centro Cívico e na avenida de Galicia, así como a mencionada sinalización nas entradas da cidade e nos pasos de peóns.

Ó igual que os últimos anos, levarase a cabo a proxección sobre a Torre da Homenaxe do lema da campaña, que terá lugar o propio día 25 de novembro dende as 6 e media da tarde e ata as 12 da noite, para concienciar a toda a cidadanía en contra das violencias.

25N presentación Monforte / XdL

Tamén, ó igual que en 2020 e 2021, instalarase un vinilo específico desta campaña no Bus Urbano do Concello, para aumentar así a visibilidade e a forza da mensaxe que se quere transmitir.

En canto ó resto de actividades que que se desenvolverán arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, serán as seguintes:

25N

Os actos previstos para o venres 25 de novembro: darán comezo ás 12:00 horas, momento en que terá lugar o acto conmemorativo do propio día coa Lectura do Manifesto na Praza do Concello, que será lido pola Concelleira de Muller e Igualdade. Esta acción contará ademais coa presenza do alumnado dos centros educativos da localidade, que poderán deixar as súas mensaxes de repulsa nunha urna facilitada polo Concello, urna que quedará colocada na entrada da Casa Consistorial durante todo o resto do mes de novembro para todas aquelas persoas que o desexen poidan deixar as mensaxes de repulsa contra a violencia de xénero. Este acto rematará cun minuto de silencio polas vítimas de violencia de xénero.

25N presentación Monforte / XdL

Actividades nos centros educativos

1.- Escape room “Reixeita o maltrato” dirixido ao alumnado de 3º de ESO

Con esta actividade traballarase dunha maneira lúdica contidos relacionados coa violencia de xénero (a orixe da cor violeta, as irmáns Mirabal, os celos, a violencia de xénero na arte, ciber acoso, sexting, ciber dating,…).

A actividade vai dirixida ao alumnado de 3º da ESO e cada sesión terá unha duración de 100 minutos, a  persoa encargada de levar a cabo a actuación será Simón González Villanueva da empresa Territorio Comanche.

2.- Xogo interactivo “O Caso 25N” dirixido ó alumnado de 6º educación primaria

A actividade consistirá nun xogo de investigación interactivo dirixido a poboación  xuvenil, no que o alumnado participante terá que, por equipos, descubrir como a socialización diferencial interfire nas relacións humanas, podendo asentar as bases de condutas non igualitarias que favorezan actitudes e situacións de violencia.

O persoal encargado de levar a cabo a actuación serán profesionais do Traballo Social con  especialización en xénero e igualdade e con experiencia en xestión de grupos, que empregarán unha estratexia de traballo participativa e baseada na adquisición conxunta de coñecementos e no adestramento de habilidades, co manexo das ferramentas e técnicas axeitadas e facilitadoras da posta en común de opinións, debates,… para que o alumnado participante interiorice os contidos dun xeito dinámico, participativo e auto reflexivo.

Curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas

O obxectivo deste curso é dotar as mulleres de ferramentas para a súa defensa persoal e auto capacidades para a prevención de situacións de violencia de xénero.

Estará impartido por persoal instrutor de Fegaloita, pertencente as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado cualificado con experiencia en técnicas de intervención na violencia de xénero. Desenvolverase o martes 22 e o martes 29  de novembro no Centro Cívico Social de 16:00 a 20:00 h. As mulleres interesadas deberán inscribirse previamente no CIM.

Obra de teatro

En colaboración coa Concellería de Cultura desenvolveranse a representación teatral “1888. A Señorita Xulia” da Compañía Estudo Momento, incluída no circuíto da Rede Galega de Teatro. A representación da obra terá lugar o xoves, 24 de novembro, ás 20:15 h. no Salón de Actos do Edificio Multiusos.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....