HomesociedadeAberto o prazo de solicitude para participar no Mercado de Nadal de...

Aberto o prazo de solicitude para participar no Mercado de Nadal de Monforte

O Concello de Monforte abre o prazo de inscrición para participar no Mercado de Nadal de Monforte de Lemos, que se celebrará na Praza de Abastos da cidade as fins de semana 10 e 11, 17 e 18, 23 e 24 de decembro de 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Mercado de Nadal é unha iniciativa de apoio e impulso ao sector artesanal, comercial e social dos produtos locais que, a través destes eventos, teñen a oportunidade para darse a coñecer.

Os/as interesados/as en formar parte do Mercado de Nadal Circuítos de Artesanía e Música Galega terán que presentar a solicitude no rexistro xeral do Concello de Monforte ou na sede electrónica, así como polo correo electrónico: emprego_pe@concellodemonforte.com ata o día 5 de decembro 2022. Deberán sinalar se están interesados en participar nun, dous ou os tres fins de semana do mercado.

Ademais do mercado tamén haberá diversas actividades culturais e musicais de entretemento co obxectivo de presentar unha oferta cultural, musical e gastronómica nun ambiente navideño, para elo ambientarase o espazo dos Mercados da Praza no espírito propio destas datas para que o público asistente goce dunha experiencia e mercado navideño. En vindeiras datas, o Concello dará a coñecer o programa completo de actividades.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...