Homesociedade"Fortes", o BNG Lugo Sul celebra o acto central do 25N en...

“Fortes”, o BNG Lugo Sul celebra o acto central do 25N en Quiroga

Nesta xornada os nacionalistas organizan diferentes actos co obxectivo de contribuír para poñer fin á violencia machista. Para a campaña deste 25-N trabállase co lema de ‘Fortes’ nun intento de xerar igualdade nas concepcións sobre os xéneros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas comarcas do sur de Lugo os nacionalistas celebrarán este ano o acto central do 25N en Quiroga tendo ao BNG da localidade como anfitrión.
“A violencia é sempre unha anomalía, e como tal ten que ser tratada. A educación é a única arma real” lembran dende a organización comarcal do Bng.

Actos programados

  • Ás 20:00h na Casa da Cultura de Quiroga terá lugar unha charla-coloquio conducida por Rosa Ana Prieto Florines, responsable comarcal da formación. O obxectivo deste encontro aberto e público, en palabras dela, é “reflexionar sobre o 25-N desde a súa existencia até a súa eficacia”.
  • Ás 21:00h celebrarase unha concentración na Praza España con lectura do Manifesto do 25-N no que baixo o lema ‘Fortes’ pedirán de novo a fin da violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...