HomesociedadeFEMforte no 25N

FEMforte no 25N

Monforte celebrou este 25N coa lectura do manifesto ás 12:00 horas na Praza do Concello. Nesta xornada tamén organiza concentración FEMforte que para o día 27 celebra unha andaina tamén por este motivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a concelleira de Muller e Igualdade de Monforte leu o manifesto contando coa presenza do alumnado dos centros educativos da localidade, que deixaron as súas mensaxes de repulsa nunha urna facilitada polo Concello, urna que quedará colocada na entrada da Casa Consistorial durante todo o resto do mes de novembro para todas aquelas persoas que o desexen poidan deixar as mensaxes de repulsa contra a violencia de xénero. O acto rematou cun minuto de silencio polas vítimas de violencia de xénero.

Únese a este 25N, como cada ano, FEMforte, que este venres convoca concentración na Praza de España ás 20.30, e o domingo, 27 ás 12:00 celebra andaina contra a violencia machista. A saída farase dende a Praza de España para rematar nos Escolapios, cun percorrido de 4,6 km. ao que se pode sumar no momento que queira quen o desexe.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...