HomesociedadeMaría del Carmen Núñez de F&M Moda, nova presidenta do CCU de...

María del Carmen Núñez de F&M Moda, nova presidenta do CCU de Monforte

A candidatura de María del Carmen Núñez Martínez foi a única que se presentou e quedou ratificada sen necesidade de exercer o dereito ao voto dos asociados como así o indican os Estatutos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

María del Carmen Núñez sucede a Juan Carlos González López de Lambetadas.com que finalizou o seu mandato transcorridos 3 anos desde a elección da Xunta Directiva que presididía.

Con data 25 de outubro de 2022 abriuse o proceso de presentación de candidaturas para optar á Presidencia do Centro Comercial Urbano de Monforte, proceso que permaneceu aberto ata as 14.00 horas do luns 14 de novembro.  

Na Asemblea Xeral Extraordinaria Electoral que tivo lugar o xoves, 17 de novembro, na sede do CCU, quedou así como nova xunta directiva a única candadatura presentada, composta por:  

  • María del Carmen Núñez Martínez (F&M Moda) – Presidenta
  • Miguel Pino Vázquez (Grupo Aulario Athenea) – Vicepresidente
  • Ana López Vázquez (Da Nosa Terra) – Secretaria
  • Rosa Ana Díaz Núñez (Raúl e hijos) – Tesoureira
  • Julio Manuel Llano Feijoo (Comercial Llano) – Vogal 

Ángel Folgueira seguirá desempeñando as funcións de Xerente da Asociación.

María del Carmen Núñez / CCU

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...