HomesociedadeO 2 de decembro comeza o XIII Concurso de Tapas da Guimaralia

O 2 de decembro comeza o XIII Concurso de Tapas da Guimaralia

Este venres comeza na Pobra do Brollón a edición XIII do Concurso de Tapas da Guimaralia. Ata o día 9 poderanse probar as propostas dos oito bares participantes, repartidos por todo o municipio. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como novidade deste ano, as tapas deben levar ao menos un ingrediente dalgún produtor local do municipio da Pobra do Brollón, ingrediente que debe ir explicitado no nome do pincho.

Catro locais participan na propia Pobra do Brollón – Avenida, A Vella Taberna, O Primeiro de Maio e O Pirata; dous en Salcedo, A Salanova e A Cantina de Julia; O Fogón en Cereixa e o bar E Logo! na Estación.

As propostas foron catadas previamente por dous cociñeiros profesionais co afán de asesorar e perfilar a tapa final. Esta cata previa foi unha innovación da edición do ano pasado, e que agora se repite xa que axuda a manter uns estándares e a garantir o cumprimento das condicións.

Os catadores – os cociñeiros Diego Martínez e Tamara Rodríguez ­– xa deron o visto bo ás tapas deste ano e consideran que vai estar moi difícil elixir gañador nesta edición pola gran calidade de todas as propostas. 

A elección do primeiro, segundo e terceiro premio será, coma sempre, por votación popular. Cada votante debe elixir a súa tapa favorita nunha tarxeta de voto debidamente selada por todos os bares participantes. Os participantes entrarán nun sorteo dunha noite con circuíto termal no Hotel Iberik Augas Santas de Ferreira de Pantón.

As tapas do concurso teñen un prezo único de 1,50€. Pódense probar do 2 ao 9 de decembro en horario de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 horas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...