IniciosociedadeComeza a recuperación da ponte medieval do Castelo en Quiroga

Comeza a recuperación da ponte medieval do Castelo en Quiroga

Comezaron as obras de recuperación da ponte medieval do Castelo que forma parte do Camiño de Inverno e tamén da Ruta da Encomenda. A infraestrutura está sendo remodelada cunha axuda de máis de 32.000€ (32.145 €) do Plan de Sustentabilidade da Ribeira Sacra do Consorcio de Turismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ponte, situada no Camiño de Inverno (moi preto do Castelo dos Novais) sobre o rio Castelo das Eiras, aínda que presentaba un estado de conservación aceptable en canto á conformidade estrutural e morfolóxica -deteriorada polo paso do tempo-, perdera a protección das beiras.

O pavimento presentaba deterioración polo que se reconstruirán  45 m2 de pavimento da ponte a base de canto rodado con morteiro en seco, respectando o existente. Esta é a parte na que se está traballando nestes momentos.

Polos vestixios aínda existentes sábese que  esta ponte de orixe medieval, tiña un peto de protección nas beiras (de  75 cm de alto e 50 cm de espesor) para evitar caer o baleiro, realizado en cachotería a base de lousa. Este muro de protección é o que se recuperará respectando os vestixios existentes. Rematarase a recuperación coa limpeza da pedra e a recuperación da contorna retirando vexetación invasiva do contorna da ponte e da propia obra.

A ponte que forma parte do camiño de entrada a Galicia seguindo o curso do río Sil, hoxe Camiño de Inverno a Compostela, foi realizada con fábrica de xisto. Consta dun van e arco central dun solo punto, cunha altura de 8 m.  ancho de 3.75 m. e unha lonxitude de máis de 15 m.

       

ÚLTIMAS

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...