HomesociedadeMonforte conta con 6 novos colectores para a recollida de roupa usada

Monforte conta con 6 novos colectores para a recollida de roupa usada

Desde o concello aseguran que vista a necesidade de contar con máis puntos de recollida, decidiuse ampliar o número de colectores de 12, que eran os que se determinaron co establecemento do novo contrato de xestión en 2020, a 18 unidades neste ano 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello instalou durante a pasada semana, 6 novos colectores para a recollida de roupa usada na cidade. Os novos colectores engádense ós 12 xa instalados en 2020, cando o Concello autorizou dita instalación e xestión á empresa Texlimca S.A. Son colectores destinados á recollida de roupa usada, calzado e restos de produtos téxtiles, definidos na Lista Europea de Residuos (Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro).

As novas ubicacións son:

  • Rúa San Lázaro.
  • Rúa Escultor Francisco Moure.
  • Rúa Chantada.
  • Rúa Corredoira.
  • Rúa San Pedro.
  • Rúa Ourense

Estes 6 novos colectores engádense ós 12 que xa viñan funcionando no Campo de San Antonio, Rúa Chantada, Avenida de Galicia, Rúa Estrella, Paseo do Malecón, Praza da Estación, Paseo de Lugo, Estacionamento do Parque dos Condes, Rúa Ourense, Rúa Morín, Rúa Corredoira e A Florida.

Os colectores están deseñados especificamente para a recollida téxtil, cun volume útil aproxomado de 2,7 m3. Son ademais colectores adaptados coa boca de entrada na parte posterior para facilitar o depósito da roupa ó cidadán, que poderá acceder ó colector dende a mesma beirarrúa para non ter que bordear o colector pola calzada.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...