HomesociedadeO Lotón e concurso de escaparates na campaña de Nadal do comercio...

O Lotón e concurso de escaparates na campaña de Nadal do comercio de Sarria

Contarase con animación nas rúas para Nadal, virá o Papá Noel do CCU de Sarria e un dos seus axudantes, e os clientes e viandantes poderán sacar fotos con eles, que posteriormente se subirán ás redes. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionales e Autónomos de Sarria (ACES) presentou a campaña de Nadal nun dos establecementos pertencentes ao colectivo, “Duet Moda“, ubicado na rúa Calvo Sotelo. A presentación da campaña correu a cargo de Ricardo Arias, Presidente da ACES, que explicou as actuacións previstas para este ano, acompañado por Iria Vila empleada do establecemento. 

Dende a Asociación queren dar vida ao Nadal, embelecendo as rúas coa iluminación e os escaparates dos comercios con decoración do nadal, creando un ambiente navideño. O comercio e hostalaría da vila desexa transmitir alegría e ilusión nestas datas. 

O vindeiro xoves 15 e ata o 31 de decembro terán de novo “O LOTÓN“, na súa sexta edición. As compras entre as datas sinaladas farán que un/unha cliente do CCU de Sarria gañe 1.000€, que terá que gastar de novo no comercio asociado. Esta é a actividade central da campaña, cun premio moi apetecible entre os consumidores do CCU. Mil euros que premiarán a fidelidade dos consumidores ao pequeno comercio. A persoa premiada terá que facer as súas compras antes do día de Reis. O sorteo terá lugar no bulevar da Calvo Sotelo o día 4 de xaneiro. 

Ademais, os establecementos asociados poderán participar un ano máis no concurso de escaparates que ten como obxectivo a posta en valor dos negocios locais a través das votacións do público nas redes sociais. Dende a Asociación búscase a maior implicación do comercio local e hostalaría, cos veciños e veciñas da Comarca así como que veciñanza apoie ao comercio de proximidade. 

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...