HomesociedadeConcurso de decoración de vivendas, fachadas e balcóns no Nadal do Incio

Concurso de decoración de vivendas, fachadas e balcóns no Nadal do Incio

Haberá tres premios para os gañadores de 150, 100 e 50 euros. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 16 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio convoca un concurso de decoración de vivendas, fachadas e balcóns polo Nadal, coa finalidade de promover e contribuír a crear un ambiente festivo no Concello nestas datas.

Tal e como establecen as bases, poderán participar no concurso todas aquelas persoas que teñan vivendas situadas no ámbito territorial do Concello do Incio, podendo inscribirse unha persoa maior de idade por vivenda.

O prazo para inscribirse estará aberto ata o día 16 de decembro a través da sede electrónica do Concello do Incio https://concellooincio.sedelectronica.gal ou ben presencialmente no rexistro, en horario de 09:00 h a 14:00 horas, cubrindo un anexo de inscrición, dispoñible no taboleiro de anuncios da sede electrónica e nas oficinas municipais.

As bases fixan ademais que a temática de decoración será relacionada exclusivamente co ambiente propio das Festas do Nadal. A decoración deberá estar visible dende a vía pública, e completamente instalada durante o período do 19 de decembro de 2022 ao 7 de xaneiro de 2023. A decoración deberá estar nunha vivenda situada no ámbito territorial do Concello do Incio (fachadas, xardíns, balcóns, xanelas) e non deberá causar ningún perigo nin prexuízo a persoas e bens, sendo responsable de calquera dano o propietario e eximindo ao Concello de calquera responsabilidade, podendo ser excluído por este motivo.

Os participantes inscritos poderán achegar fotografías da súa decoración, que o Concello exporá nas súas redes sociais, entre os días 19 de decembro de 2022 ao 7 de xaneiro de 2023. A valoración das decoracións será realizada por un xurado que se designará ao efecto, e que realizará visitas ás vivendas, sen previo aviso, entre os días 19 de decembro de 2022 ao 7 de xaneiro de 2023.

Premios

Haberá tres premios para os gañadores: Un 1º premio de 150 euros; un 2º premio de 100 euros; e un 3º premio de 50 euros.

Criterios de valoración:

  • -Orixinalidade: 0 a 2 puntos.
  • -Complexidade: 0 a 2 puntos.
  • -Deseño: 0 a 2 puntos.
  • -Artesanía: 0 a 2 puntos.
  • -Iluminación (non/si): 0 a 1 puntos.
  • -Utilización de materiais reciclados (non/si): 0 a 1 puntos.

No caso de empate, o xurado establecerá o mecanismo que considere máis axeitado para desempatar. A resolución dos premios será exposta no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Incio. O Concello do Incio comprobará durante o prazo de participación (19 de decembro de 2022 a 7 de xaneiro de 2023) que efectivamente a decoración permanece exposta, sendo motivo de exclusión o non cumprimento deste punto.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...