O rock dos Doc Magoo’s no Clavi e no ‘Bus Musical’ de Ourense

A banda monfortina ofrecerá un concerto no Clavicémbalo de Lugo o sábado 17 e outro o domingo 18 en Ourense, neste caso dende un autobús.

Doc Magoo's en concerto. Foto: Thierry

O grupo de Rock & Roll Doc Magoo’s ten por diante unha fin de semana espectacular con dous bolos deses que ‘prestan’. O sábado 17 de decembro actuarán na mítica sala lucense, Club Clavicémbalo, ás 22:30 h., e o domingo 18 a partir das 18:30 h. no Bus Musical de Ourense.

O concerto do sábado chega da man do circuíto galego de concertos, ‘Clube Estrella Galicia’ e actuarán como banda convidada xunto a ‘Holy Damn’. Preséntase, pois, unha noite na que soarán as mellores versións dos clásicos do rock & roll dos anos 60, 70 e 80. A entrada ten un prezo de 10 euros.

E xa o domingo, unha actuación desas de lembrar polo espectacular e chamativa. Doc Magoo’s subirase a partir das 18:30 h. nun “Bus Musical”, unha proposta do Concello de Ourense para levar concertos polas rúas da cidade no Nadal. Os monfortinos, ao igual que farán outros grupos participantes en diferentes datas, actuarán dende o alto dun bus que fará de escenario.

Bus Musical de Ourense. Foto: Web Concello de Ourense.

DOC MAGOO’S

Máis de 20 anos rodando polos escenarios avalan a estes músicos. Unha banda de Monforte de Lemos que versiona aos grandes de todos os tempos. Nos seus concertos pódense escoitar temas míticos da escena musical internacional.

Neil Young, The Black Crowes, Prince, Police, Rolling Stones, Lenny Kravitz, The Doors, Beatles, Bob Dylan, entre outros, atópanse entre o seu repertorio.

Doc Magoo’s son: Franki (guitarras), Piérrez (teclados), Napo (baixo), Pistón (percusión), Luaña (armónicas) e Fran (voz).

Cartel do Clavicémbalo

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here