Homesociedade"Fontán 360. O primeiro rostro de Galicia" achegouse ao IES A Pinguela

“Fontán 360. O primeiro rostro de Galicia” achegouse ao IES A Pinguela

A actividade estivo organizada polo departamento de Xeografía e Historia do IES A Pinguela e promovida pola Vicepresidencia e Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumnado de 3º ESO do IES A Pinguela de Monforte recibiu esta semana ó arquitecto, Manuel Fernández e ó topógrafo Manuel Amigo, representantes da productora Raito Estudios SL, para
visualizar e posteriormente realizar un coloquio sobre o documental “Fontán 360. O primeiro rostro de Galicia”.

Durante a actividade, o alumnado coñeceu vida do matemático e xeógrafo Domingo Fontán, un dos máis grandes homes que deu Galicia, e reflexionou sobre a importancia do seu Mapa Cartógráfico de
Galicia, o primeiro de España realizado con metodoloxía científica e coa tecnoloxía do século XIX, durante 17 anos da súa vida.

Coñeceron tamén un equípo topográfico para medir distancias e ángulos, similar ó de Fontán e
comparárono cos que existen na actualidade.

“Fontán 360. O primeiro rostro de Galicia” / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...