HomesociedadeNova cuberta no acceso ao pavillón do colexio de Escairón

Nova cuberta no acceso ao pavillón do colexio de Escairón

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de dotar dunha cuberta a zona de acceso ao pavillón do CPI Dr. López Suárez de Escairón, no concello do Saviñao. O investimento foi duns 13.700 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras consistiron na execución dunha estrutura con teito de chapa na rampla que leva ás escaleiras de entrada ao recinto deportivo. O obxectivo era acadar un espazo máis confortable que ofreza resgardo aos usuarios nos días de chuvia ou moito sol.

A actuación foi financiada con cargo ao plan de reforma, ampliación e mellora (RAM) de centros educativos para 2022, que incluíu nove obras menores na Zona Sur da provincia de Lugo cun investimento total de 156.800 euros.

Outras intervencións programadas nesta anualidade foron as reformas nos baños do IES  A Pinguela e o acondicionamento dunha aula no CEIP A Gándara (ambos en Monforte de Lemos); obras de mellora da eficiencia enerxética no CEIP de Quiroga; renovación dos canlóns no IES Lama das Quendas de Chantada ou traballos de electricidade no CEIP Xosé Lois Taboada (Carballedo), entre outras.

Segundo sinalou o delegado territorial, Javier Arias, na visita ás obras “nesta área da provincia a Xunta ten en diferentes fases de execución proxectos de grande envergadura para mellorar seis centros educativos por valor de 2,9 millóns de euros con cargo ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia.”

ÚLTIMAS

Este 18 de agosto desde as 20:30 celébrase no Pavillón Municipal de Chantada o I Torneo de Fútbol Sala Terras do Asma

O Torneo que se disputará este martes, 18 de agosto desde as 20:30h no...

Quiroga mellora o local social cunha axuda do Leader

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destinou 13.400 euros...

Entrega de trofeos do Torneo de Golf Concello de Monforte

O Club Deportivo Río Cabe Golf foi o encargado de organizar este evento, que...

Festas en Santa Cruz de Brosmos e concerto de Carlos Núñez no Pazo de Sober

Os días 22 e 23 de agosto, a parroquia soberina de Santa Cruz de...