HomeComarca de ChantadaChantadaA Túa Xanela anima o Nadal

A Túa Xanela anima o Nadal

A comercializadora de internet e móbil chantadina achega Papá Noel e atraccións para a cativada nestas datas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Túa Xanela naceu en Chantada no 2021 co obxectivo de ofrecerlle conectividade á veciñanza do sur de Lugo.

Estase expandindo pola comunidade galega contando a día de hoxe cunha rede de máis de 50 municipios e uns 30 puntos de venda nas catro provincias. No sur de Lugo ten presenza en Taboada, Chantada, O Saviñao, Monforte de Lemos e Sarria, contando con oficinas en Chantada e Monforte de Lemos.

Oficina de A Túa Xanela en Monforte / XdL

Nestas datas está facendo posible que Papa Noel se achegue a algunhas localidades nas que traballa como Palas de Rei, Monterroso, Taboada, Escairón e Chantada. O día 22 estiveron en Palas de Rei e Taboada e hoxe, 23 de decembro, estarán en Chantada e tamén na vila de Escairón.

Así logo, este venres Papá Noel visitará Chantada da man de A Túa Xanela, entre as 17:00 e as 19:00 h. enfronte da Igrexa Nova, lugar onde haberá tamén inchables infantís. E a esa mesma hora, tamén na Praza do Concello de Escairón.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...