HomesociedadeO Saviñao aposta polos obradoiros para estas datas de Nadal

O Saviñao aposta polos obradoiros para estas datas de Nadal

Un total de cinco talleres de diferentes disciplinas ofrecerán un lecer activo e creativo para a cativada do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os días 27 de decembro e 2 de xaneiro haberá uns obradoiros de Manualidades; o do 27 consistirá na elaboración de adornos para a árbores de Nadal con paus de madeira e realizarase na Biblioteca Municipal, e o do 2 de xaneiro servirá para confeccionar un “Portafotos de Nadal”. Este último levarase a cabo na Ludoteca municipal.

O mércores 28 de decembro a Biblioteca Municipal acollerá tamén ás 12:00 h. un obradoiro de debuxo consistente na ilustración de Nadaliñas e figuras típicas do Nadal como O Apalpador. Está impartido por Xosé Manuel Fernández.

Xosé Manuel Fdez. nun obradoiro de debuxo.

Para os/as amantes da cociña comentar que terán dúas oportunidades, o venres 30 de decembro e o martes 3 de xaneiro. Ambos obradoiros serán ás 12:00 h. na Ludoteca Municipal. No do 30 elaborarase un “Muffin de reno” e no de xaneiro unha ‘Árbore de Nadal con masa e chocolate’.

VISITA DOS REIS MAGOS

Será o 5 de xaneiro comezando o percorrido polas rúas de Currelos e recepción de cativas e cativos ás 16:30 h. no Centro Sociocultural.

Sobre as 18:30 h. estarán xa en Escairón, onde farán un percorrido con parada na residencia de maiores e a Igrexa. A recepción final dos Reis Magos será no Auditorio Municipal.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...