HomesociedadeO Saviñao podería contar cun Polígono Agroforestal para gandaría

O Saviñao podería contar cun Polígono Agroforestal para gandaría

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuníase este mércores co alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, para coñecer as principais demandas e necesidades relativas ao agro neste concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste encontro abordouse a posibilidade de implementar un polígono agroforestal para gandaría nos arredores da aldea de Xesto. Neste senso, o conselleiro acordou enviar técnicos da Axencia para estudar a viabilidade deste polígono e poder comezar cos traballos o antes posible. Nesa liña, lembrou que o seu departamento destina para o ano 2023 un total de 5,9 millóns de euros para o desenvolvemento de instrumentos de recuperación da terra agraria, un 11% máis ca en 2022. Deste montante, explicou, uns 4,4 millóns serán para actuacións en polígonos agroforestais e aldeas modelo.

Tamén se tratou a necesidade de arranxar diversos viarios, avanzouse que no Plan de Infraestruturas Rurais de 2023 consignarase unha axuda para arranxar a estrada do cruce de Tribás a Ousende, cunha dotación de 120.000 euros.

Ambos dirixentes abordaron a posibilidade de apoiar aos montes veciñais da localidade e a de reforzar a colaboración para a loita contra os incendios. Tendo en conta a dispersión dos núcleos de poboación deste concello, o conselleiro acordou garantir a presenza da Oficina Agraria Móbil para mellorar as prestacións de servizos no municipio.

ÚLTIMAS

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...