HomesociedadeRefórmase o miradoiro do Cabo do Mundo para unha maior inmersión na...

Refórmase o miradoiro do Cabo do Mundo para unha maior inmersión na paisaxe

A obra foi promovida polo Concello do Saviñao e a Consellería do Medio Rural achegou 22.900 euros, preto do 82% do financiamento total, a través do Agader e do GDR Ribeira Sacra Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o alcalde, Carlos Armesto, comprobaron este xoves o resultado da actuación, que consistiu na construción dunha plataforma de madeira que engade unha altura de 5,10 metros sobre a estrutura orixinal. A nova construción, realizada en madeira laminada, favorece unha visión máis ampla e de maior calidade sobre o meandro do Miño, que é un dos elementos máis recoñecidos da zona. Ao seu carón, un panel informativo explica as rutas de sendeirismo, monumentos e outros puntos de interese que se poden visitar no concello.

O delegado territorial sinalou a importancia dos GDR no impulso de proxectos produtivos ou dinamizadores do territorio. Neste sentido, explicou que este miradoiro é un dos espazos que máis turismo atrae ao municipio.

En concreto, apuntou que os proxectos da medida Leader, cofinanciados cos fondos europeos Feader, teñen a vantaxe de estar pegados ás necesidades locais, porque son iniciativas que xorden dos concellos, entidades ou mesmo emprendedores e que se  seleccionan nese mesmo ámbito local mediante un amplo proceso participativo que involucra a axentes privados e públicos.

ÚLTIMAS

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...

As emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

Xosé Ferrín, orixinario de Carballo de Hospital, leva traballando nas emerxencias sanitarias dende o...