HomesociedadeMelloran os datos do paro no 2022 nas comarcas de Lemos, Sarria...

Melloran os datos do paro no 2022 nas comarcas de Lemos, Sarria e Chantada, non así na comarca de Quiroga

O paro rexistrado ao final do ano 2022 en Lugo centro-sur supera os 3.036 parados, a pesar de reducirse en 279 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaria de accion sindical de CCOO Lugo, valora moi positivamente o descenso do paro, o ultimo ano na comarca de Lemos, xa que baixou en 162 persoas, non así en Quiroga que aumento en 24 parados. Nas comarca de Chantada e Sarria tamén houbo bos datos.

Paro na Comarca de Lemos no 2022, 1346 parados, mentres no 2021 foron 1508.

  • Monforte, 1074 no ano 21, 970 no 22 = -104
  • Bóveda, 50 no ano 21, 42 no ano 22 = -8
  • Pantón, 87 no ano 21 e 87 no ano 22 = 0
  • Sober, 96 no ano 21, e 69 no 22 = -27
  • o Saviñao, 137 no 21, e 122 no ano 22 = -15
  • A Pobra do Brollón, 64 no ano e 56 no ano 22 = -8

Na comarca de Chantada, 533 parados no 2022 e 584 no 2021.

  • Chantada, 427 no ano 21, 381 no 22 = -46
  • Taboada, 89 no ano 21, 84 no 22 =-5
  • Carballedo, 68 no ano 21, 68 no ano 22 = 0

Paro comarca de Quiroga, 262 no ano 2022 e 238 foran no ano 2021.

  • Quiroga, 159 no ano 21, 168 no ano 22 = +9
  • Folgoso do Courel, 42 no ano 21, 46 no ano 22 = +2
  • Ribas de Sil, 37 no ano 21, 48 no ano 22 = +11

Paro comarca de Sarria, 895 no ano 2022, 985 no 2021, baixando en 90 persoas.

  • Sarria 657 (+7)
  • O Incio, 46 (-1)
  • Láncara 89 (+2)
  • Paradela – 25 (-1)
  • O Páramo – 33 (=)
  • Samos 28(-3)
  • Triacastela 17 (+1)

Desde CCOO valloran positivamente os datos do concello de Monforte que baixou en 104 persoas, as peores cifras rexistráronse na comarca de Quiroga. Considera o 2022 un bo ano para o emprego nas comarca de Sarria, Lemos e Chantada, diminuíndo o desemprego en máis de 303 parados. A comarca de Quiroga rompe a tendencia ao aumentar en 24 persoas o último ano. Unha vez mais denuncian desde o sindicato a empresarios da hosteleria, que con contrato de 4 horas, obrigan a traballar 12.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...