IniciosociedadeMonforte estrea o CAISS, Centro de Atención e Información da Seguridade Social

Monforte estrea o CAISS, Centro de Atención e Información da Seguridade Social

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, inaugurou este xoves as novas instalacións do Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) de Monforte de Lemos, que ofrece servizo ás comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Isabel Rodríguez comprobou o resultado das obras de rehabilitación integral deste edificio, que contaron cun investimento de 514.000 euros do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, acompañada da tenente de alcalde, Gloria Prada, e do director provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude, así como de outros membros do equipo de goberno municipal.

A subdelegada supervisou o inicio da actividade nas novas dependencias, polas que pasaron nos últimos dous anos preto de 20.000 persoas, que agora verán mellorada a atención cun “edificio diáfano, accesible e cunha superficie de 350 metros cadrados, con zonas de traballo e de espera do público redistribuídas, ademais de aumentar a luminosidade e a eficiencia enerxética do edificio”, na liña de traballo do Goberno de garantir o acceso á xestión das prestacións.

Isabel Rodríguez sinalou a importancia das obras para “mellorar e fortalecer un servizo imprescindible para a cidadanía, máis necesario que nunca para desenvolver con éxito o incremento por parte do Executivo Central de prestacións tan importantes como as pensións e o Ingreso Mínimo Vital, que protexen ás clases medias e traballadoras da provincia”.

Por outro lado, a subdelegada tivo palabras de agradecemento para o Concello de Monforte de Lemos pola súa colaboración “permitindo, durante o tempo no que se fixeron as obras, que o CAISS puidese seguir prestando os seus servizos con total normalidade”. Así pois, dende o inicio dos traballos, no mes de xaneiro do pasado ano, o CAISS trasladouse ao Edificio Multiusos de titularidade municipal, a menos de 200 metros de distancia do actual centro, situado na rúa San Pedro.

O novo local conta cunha zona de acceso, recepción e espera, un amplo espazo con cinco postos de atención ao público, unha sala de reunións e outra de autoxestión, “permitindo ofrecer unha atención personalizada e máis próxima ao cidadán, ademais de potenciar a calidade do servizo”, engadiu a subdelegada.

Servizo a máis de 55.000 persoas

A Seguridade Social dá servizo nas súas dependencias de Monforte de Lemos a unha poboación de máis de 55.000 persoas das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga, atendidos, na actualidade, por 5 empregados públicos. Trátase do segundo centro en volume de atencións na provincia de Lugo, con 8.512 usuarios no 2021 e un total de 11.406 persoas no ano 2022. “Un reflexo da importancia que teñen estas novas instalacións para o sur da provincia de Lugo”, sinalou Rodríguez. Entre os temas que motivaron un maior número de consultas figuran, por esta orde, as prestacións de xubilación, incapacidade temporal e ingreso mínimo vital.

A provincia de Lugo é unha das que rexistra menor tempo de espera para a concesión de citas de toda España, e lembra que os usuarios dispoñen dun teléfono provincial, o 982 293 300 para a xestión de citas e atención personalizada por persoal especializado. Ademais de prestar atención presencial e telefónica a través do CAISS, no INSS pódense realizar trámites en liña, a través da páxina www.seg-social.es. Para iso, a persoa debe dispoñer dun certificado dixital (DNIe, Cl@ve permanente ou certificado da FNMT) ou ter declarado o seu móbil á Seguridade Social.

Inauguración CAISS / Sundelegación do Goberno

ÚLTIMAS

Sober pon en marcha o proxecto ‘O SAF actívate’

O Concello de Sober pon en marcha o proxecto ‘O SAF actívate’ co que...

Bóveda sementa a igualdade nos equipos locais de fútbol

O Goberno local de Bóveda prosegue coa campaña ‘Sementando igualdade’, que esta vez chegará...

Reestablécese o subministro de auga nas parroquias de Monforte

A avaría, que tivo lugar o pasado día 26 de febreiro, provocou unha falta...

O PP de Monforte acusa a Tomé “de tapar os problemas de abastecemento con bombas de fume como a supresión dos pasos a nivel”

A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, tras ver como que as parroquias...