HomesociedadeÁngel Carracedo estivo no IES A Pinguela falando de Medicina Xenómica

Ángel Carracedo estivo no IES A Pinguela falando de Medicina Xenómica

O catedrático e prestixioso investigador galego estivo o pasado 12 de xaneiro neste centro formativo monfortino para impartir unha interesante conferencia ao alumnado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ángel Carracedo, un dos nomes máis destacados da ciencia en Galicia, volveu ao IES A Pinguela para impartir ao alumnado de Bacharelato con Bioloxía unha interesante conferencia que levou por título: “Medicina Xenómica, a chave da medicina de precisión”.

Ademais de contarlles que está traballando en distintos grupos de investigación que dirixe en todo o mundo, e como se están combatendo de xeito eficaz enfermidades tan graves como o cancro, tratou con eles outros temas.

Falou de prevención, aspecto que é e vai seguir sendo de vital importancia para a medicina, dado o caros que son e van a seguir sendo os tratamentos. E neste senso puxo énfase na análise xenética das
persoas en principio predispostas para contraer determinadas enfermidades.

E no que se refire ao traballo científico de seu, subliñou a importancia da vocación e do aspecto interdisciplinario dos equipos de investigación para obter resultados nun ámbito tan competitivo como é o da Ciencia.

Ángel Carracedo impartindo a conferencia. Foto: IES A Pinguela.

ÁNGEL CARRACEDO

Ángel Carracedo ten case todos os premios do mundo no campo da xenética. Preside e Fundación Galega de Medicina Xenómica, o Centro Nacional do Genotipado, foi director do Instituto de Medicina Legal de Santiago, vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal e Presidente da
Sociedade Internacional de Xenética Forense entre outras moitas institucións científicas.

No que se refire á divulgación, Carracedo é autor de centos de publicacións, e ten un recoñecido liderado internacional en xenética forense. Foi obxecto de importantes distincións, tanto en España como a nivel internacional, e distinguido como doutor “honoris causa” de distintas universidades.

Proposto para o premio Príncipe de Asturias, é o primeiro científico en obter tamén o Otero Pedrayo por prestixiar o idioma galego. Pero sobre todo é unha persoa extraordinaria pola súa sabedoría e pola súa humanidade.

“Para o noso instituto será sempre un honor recibilo nun salón de actos que, desde hai anos, leva o seu nome”, comentaba Enrique Sampil, director do IES A Pinguela.

Foto co alumnado. IES A Pinguela.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...