HomesociedadeGrandes festas en Margaride de Lor, Quiroga

Grandes festas en Margaride de Lor, Quiroga

Serán os días 20, 21 e 22 de xaneiro. Tres días nos que non faltará a música tradicional, as verbenas, os actos relixiosos e a sempre esperada ‘Festa do Chourizo’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na montaña do Lor non lle teñen medo ao frío e os veciños e veciñas de Margaride de Lor celebrarán, como é tradición, as súas festas na honra a San Vicente esta fin de semana que chega. Concretamente, os festexos alongaranse do 20 ao 22.

O venres 20, para ir abrindo boca, terá lugar a “Festa do Chourizo”; unha popular cita gastronómica para exaltar un dos produtos estrela das matanzas. E co frío destes días, quen se resiste a comer un chourizo asado ao espeto?

Pois ben, a partires das 21:00 h. haberá degustación de balde de chourizos asados caseiros, aos que se lle arrimará tamén panceta, ademais de viño do lugar e roscón. Xa contra a noite, e como fin de festa, verbena a cargo da orquestra La Travesía.

Panceta ao espeto. Foto: Asoc. Veciños Margaride
Veciños/as festexando nunha edición anterior. Foto: Asoc. Veciños Margaride.

Para o sábado 21 a programación inclúe un pasarrúas e unha sesión vermú a cargo do grupo de gaitas quirogués O Recanto e despois, ás 14:00 h., terá lugar a misa e a procesión. Pola noite, a verbena correrá da conta da orquestra Somos Nosotros.

O domingo, volve O Recanto pola mañá no pasarrúas e ás 13:30 h. será a misa e a procesión. A continuación terá lugar unha sesión vermú de fin de festa amenizada pola solista da Pobra do Brollón, Nuncy Valcarcel.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...